Vaipolorío precisa axuda para limpar de árbores caídas ao río Tomeza

Pontevedra
13 de febreiro 2020

O colectivo ecoloxista Vaipolorío busca voluntarios que queiran participar nunha nova xornada de limpeza. Nesta ocasión, o traballo estará centrado na retirada de árbores caídas sobre o carreiro no tramo rural do río Tomeza (Gafos)

Ponte de Rebón, na parroquia de Tomeza
Ponte de Rebón, na parroquia de Tomeza /

O colectivo ecoloxista Vaipolorío busca voluntarios que queiran participar nunha nova xornada de limpeza. Nesta ocasión, o traballo estará centrado na retirada de árbores caídas sobre o carreiro no tramo rural do río Tomeza (Gafos) así coma os ollos das pontes de Rebón e da Condesa.

A cita será este sábado 15 de febreiro e as persoas que estean interesadas en participar deberán acudir ás dez da mañá na Ponte da Condesa, en Tomeza.

É importante que quen desexe asistir o comunique antes do sábado chamando ao teléfono de contacto 676842942 para organizar o traballo en función dos asistentes.

Con esta iniciativa Vaipolorío pretende facer practicable o carreiro na súa totalidade e facilitar o paseo dos usuarios e minimizar os efectos que se rexistran durante a época de choivas no outono e no inverno con inundacións debido á crecida do río.

Non é preciso que as persoas voluntarias traian ferramenta.