Vaipolorío vai podar as "maceiras de río" no Gafos

Pontevedra
11 de decembro 2024
Actualizado: 14:18

Segundo explicaron desde este colectivo ecoloxista, a "maceira de río" é unha especie autóctona "brava" que resulta ideal para patrón de calquera tipo de variedade

Maceiras de río
Maceiras de río / Vaipolorío

A Asociación Vaipolorío  segue a apostar polas variedades autóctonas do río Cocho-Toxal-Tomeza-Gafos.

Este sábado, 14 de decembro, a partir das dez da mañá, acometerán labores de poda da chamada "maceira de río".

"Árbore que podaría en febreiro terá froito duradeiro", lembran.

Segundo explicaron desde este colectivo ecoloxista, a "maceira de río" é unha especie autóctona "brava" que resulta ideal para patrón de calquera tipo de variedade.

Prende en estaca e agradece os terreos húmidos e por iso é polo que se de tan ben ao longo do leito do río dos Gafos.

A asociación deixa un número de teléfono de contacto para as persoas que desexen participar nestas tarefas, o 676 842 942.