Vaipolorío limpa as ramaxes atrancadas nos ollos de dúas pontes no Gafos

Pontevedra
15 de febreiro 2020

O persoal voluntario que se sumou ás actividades durante este sábado tamén limpou o sendeiro do río e retirou pólas de árbores caídas durante as últimas semanas

Traballos de retirada de árbores a cargo de Vaipolorío
Traballos de retirada de árbores a cargo de Vaipolorío /

Persoal voluntario da asociación ecoloxista Vaipolorío desenvolvía durante este sábado 16 tarefas de limpeza no río dos Gafos.

Os integrantes do colectivo retiraron árbores que caeran sobre o sendeiro e tamén limparon os ollos das pontes ao longo dun tramo do tamén coñecido como río Tomeza.

Estes traballos inclúense dentro das diversas actividades que realiza esta asociación. Con certa frecuencia executan estas tarefas de limpeza co obxectivo de que se poidan realizar paseos polo sendeiro. 

Con estes traballos tamén se consegue que as crecidas queden minimizadas ao retirar a ramaxe que queda  atrancado na zona das pontes.