Vaipolorío limpa as ramaxes atrancadas nos ollos das pontes no Gafos

Pontevedra
02 de abril 2023

O obxectivo é minimizar os estragos das enchentes que están por chegar.

Vaipolorío retira ramaxe nas pontes e fai mantemento do sendeiro no tramo rural do río Tomeza
Vaipolorío retira ramaxe nas pontes e fai mantemento do sendeiro no tramo rural do río Tomeza / Vaipolorío

Persoal voluntario da asociación ecoloxista Vaipolorío desenvolvía durante este sábado 1 de abril tarefas de limpeza no río dos Gafos.

Os integrantes do colectivo retiraron árbores que caeran sobre o sendeiro e tamén limparon os ollos das pontes ao longo dun tramo do tamén coñecido como río Tomeza.

Estes traballos inclúense dentro das diversas actividades que realiza esta asociación. Con certa frecuencia executan estas tarefas de limpeza co obxectivo de que se poidan realizar paseos polo sendeiro. 

Con estes traballos tamén se consegue que as crecidas queden minimizadas ao retirar a ramaxe que queda  atrancado na zona das pontes.

Neste caso, cando falan de limpar o río, refírense a retirar lixos do canle residuo por residuo, manualmente, sen empregar maquinaria, fundamentalmente madeira morta de pontes ou represas onde quedase retida e poida incrementar o risco.

Non é, por tanto, unha retirada da vexetación que crece nas súas canles xa que esta poden evitar moitas das catastróficas consecuencias das crecidas, xa que as súas raíces evitan a erosión do leito e restan forza á corrente, o que amortece o impacto contra as defensas, as pontes ou calquera outra construción.

Como lembran dende Vaipolorío, dí o dito popular que "para ser bo ano, o río ten que botar sete veces fóra".