Vaipolorío denuncia o "enésimo episodio" de vertedura ao Gafos desde o mesmo sumidoiro

Pontevedra
28 de xaneiro 2023

A asociación ecoloxista comunicou ao 112 o episodio, localizado na zona do Marco, en Tomeza

Vertedura ao Gafos localizado no Marco
Vertedura ao Gafos localizado no Marco / Vaipolorío

Unha vez máis o Río Gafos sufriu unha vertedura no seu leito.

Segundo denuncia este sábado a asociación Vaipolorío trátase do "enésimo episodio" localizado no mesmo sumidoiro.

En concreto, sinala o colectivo ecoloxista, o causante é un sumidoiro situado no Marco, en Tomeza, e que se viu desbordado.

A situación foi comunicada ao 112.