Vaipolorío denuncia a aplicación de herbicidas no ámbito do ENIL do Gafos

Pontevedra
09 de xuño 2014

Este mesmo luns formalizaron a denuncia a través de rexistro ante a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia pola aplicación deste produto fitosanitario ao bordo da vía do tren de alta velocidade

Zona próxima ao ENIL do río Gafos na que Vaipolorío denuncia que se aplican herbicidas
Zona próxima ao ENIL do río Gafos na que Vaipolorío denuncia que se aplican herbicidas / Vaipolorío

O colectivo ecoloxista Vaipolorío denuncia a aplicación irregular de herbicida no ámbito do espazo natural de interese local (ENIL) do río Gafos.

Este mesmo luns formalizaron a denuncia a través de rexistro ante a Conselleria de Medio Ambiente da Xunta de Galicia pola aplicación deste produto fitosanitario ao carón da vía do tren de alta velocidade.

Asegura Vaipolorío que os herbicidas aplicados afectan á vexetación e cursos de auga que se sitúan no ámbito inmediato do ENIL do Gafos.