A asociación ecoloxista Vaipolorío trasladaba este martes 12 información ao servizo de Emerxencias ao 112 Galicia da presenza dunha vertedura que se rexistra nun sumidoiro que se atopa no lugar do Marco, na parroquia de Tomeza.
Segundo este colectivo esta vertedura prodúcese con frecuencia nun punto onde o río Pintos, río de Marcón, conflúe co leito do río Tomeza (río Gafos) achegando as súas augas.
A auga cunha tonalidade escura flúe pola arqueta e desemboca no río ao seu paso pola parroquia pontevedresa.
Desde Vaipolorío reclaman unha intervención inmediata por parte da administración para evitar a contaminación das augas.