Vaias ou non ao desfile de Entroido, estes cambios de tráfico interésanche

Pontevedra
21 de febreiro 2017

A partir das 8.00 horas quedará prohibido o estacionamento na rúa Xosé Malvar, ás 12.00 horas a prohibición chegará a Loureiro Crespo e Benito Corbal e ás 15.00 horas á rúa Echegarai. Estarán pechadas Xosé Malvar, Loureiro Crespo, Benito Corbal, Michelena, Praza de España, Alameda e as rúas adxacentes a todas elas 

Operativo de tráfico con motivo do desfile de Entroido
Operativo de tráfico con motivo do desfile de Entroido / Policía Local de Pontevedra

O desfile de Entroido previsto para este sábado 25 de febreiro levará, como é habitual, unha serie de cambios de tráfico encamiñados a permitir o desenvolvemento da actividade e minimizar os inconvenientes entre quiene acudan á mesma e quen queira desprazarse por Pontevedra. Para que todo transcorra sen incidencias, a Policía Local deseñou un operativo especial de tráfico que comezará este mércores 22 co a colocación dos valos informativos

As restricións chegarán o propio sábado e estarán sinalizadas por un total de 770 valos, que informarán tanto de cortes de tráfico nas rúas como de prohibición de estacionamietno e outras recomendacións informativas. 

A partir das 8.00 horas quedará prohibido o estacionamento na rúa Xosé Malvar, ás 12.00 horas a prohibición chegará a Loureiro Crespo e Benito Corbal e ás 15.00 horas á rúa Echegarai.

Os cortes de tráfico terán a mínima duración posible. Os axentes irán abrindo as rúas a medida que pase o desfile e se limpe a rúa, pero mentres pasen carrozas, disfraces e comparsas estarán pechadas Xosé Malvar (desde o cruzamento coa Seca ata a rotonda de Loureiro Crespo), Loureiro Crespo, Benito Corbal, Michelena, Praza de España, Alameda e as rúas adxacentes a todas elas (Cobián Areal, Casimiro Gómez, Lepanto e Javier Puig).

Todos os cortes serán a partir das 16.30 horas excepto Xosé Malvar, pois alí é concentrarán as carrozas antes do desfile e xa non se poderá pasar a partir das 15.30 horas.

Ademais destas restricións, a Policía Local prestará especial atención ás vías de entrada e saída da cidade e deseñou unha rede de vías alternativas de circulación e recomenda o uso dos aparcadoiros disuasorios de balde que existen nas zonas de Xoán Manuel Pintos (Pavillón de Deportes), a chaira de recinto feiral e o peirao de Corbaceiras. 

Arquivado en