Unha manifestación convocada polos sindicatos CCOO e UXT percorreu a última hora da tarde deste mércores as rúas de Pontevedra demandando ao Goberno medidas para "conter os prezos, protexer o emprego, frear a deterioración das nosas condicións de vida", tal e como rezaba o seu lema.
A marcha, enmarcada dentro dunha convocatoria a nivel nacional, partiu desde a praza do Hospital Provincial para terminar na Praza da Peregrina.
"O conxunto da sociedade está a sufrir esta situación, pero é a poboación máis vulnerable a que non chega a fin de mes ou o fai con dificultades, os que a padecen de forma máis cruel", sinalaron as organizacións no seu manifesto, apuntando principalmente á escalada de prezos da enerxía (luz e combustibles) sobre todo tras o estalido da guerra de Ucraína.
"É urxente que o Goberno de España e a Unión Europea actúen de forma contundente", defenderon con esta manifestación para así "protexer e dar seguridade ao conxunto da cidadanía".