Urxen o arranxo dos danos no parque de Valdecorvos

Pontevedra
22 de xaneiro 2022

O concelleiro do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra Pablo Fernández urxiu ao Concello a unha "intervención inmediata" no parque de Valdecorvos ao entender que está comprometida a seguridade dos usuarios deste espazo verde

Desperfectos no parque de Valdecorvos
Desperfectos no parque de Valdecorvos /

O concelleiro do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra Pablo Fernández urxiu ao Concello a unha "intervención inmediata" no parque de Valdecorvos ao entender que está comprometida a seguridade dos usuarios deste espazo verde. 

Fernández refírese, entre outros, aos numerosos danos que presenta o mobiliario urbano. Un dos máis grave é a varanda dun das pontes polos que pasa a senda e que está complementa esnaquizada.

Os veciños confirmaron que a Policía Local ten coñecemento hai dous meses da gravidade situación e que os propios axentes xa remitiron un informe ao Concello. 

"É sorprendente o abandono ao que está sometido este parque e deterioración que presenta despois de investir 50.000 euros nel hai só un ano", destacou o popular. Nas obras incluíuse a restauración e acondicionamento das pasarelas de madeira e das pontes, que hoxe xa "supoñen un risco para os cidadáns".

Fernández fixo referencia, ademais da a situación da ponte, "á existencia de numerosas puntas de parafuso ao descuberto, a escaleiras rotas, cables eléctricos ao aire…".

O concelleiro insistiu en que "debemos emendar urxentemente os riscos que conlevou o abandono desta zona. Ademais, o Concello xa ten un informe que certifica o estado da zona. Non deberiamos esperar nin un minuto máis para tomar cartas no asunto".