UPyD en Pontevedra invita aos cidadáns a participar na elaboración do programa para as municipais

Pontevedra
26 de decembro 2014

A formación de Rosa Díez na cidade do Lérez abriu canles a través da rede e físicos para que calquera persoa poida facerlle chegar as súas propostas e suxestións. O relator do programa electoral de UPyD en Pontevedra é Carlos Maestro

Acto electoral de UPyD
Acto electoral de UPyD / UPyD

Unión Progreso y Democracia en Pontevedra continúa coa elaboración do seu programa electoral de cara ás eleccións municipais de maio de 2015 e invita aos veciños a que o trasladen as súas demandas.

A formación maxenta na cidade do Lérez abriu canles a través da rede e físicos para que calquera persoa poida facerlle chegar as súas propostas e suxestións. O relator do programa electoral de UPyD en Pontevedra é Carlos Maestro.

O borrador do programa electoral está a ser elaborado pola delegación local de Pontevedra e será emendado polos afiliados e simpatizantes.

Dende UPyD aseguran que se comprometen "non só a recibir as suxestións se non a dar resposta sobre a inclusión destas aos cidadáns que as propoñan".

O partido de Rosa Díez entende esta participación como un "exercicio de transparencia", ao tempo que aspira "conseguir unha Pontevedra o máis próxima posible ao que os seus habitantes queren e demandan".