UPyD denuncia a pintada de esvásticas na súa sede local de Pontevedra

Pontevedra
04 de abril 2013

A sede na rúa Michelena do partido de Rosa Díez, Unión Progreso y Democracia (UPyD), aparecía nas últimas horas con pintadas de esváticas e dunha fouce e un martelo. Os responsables locais do partido afirman que porán unha denuncia nas próximas horas

Unha esvástica e unha fouce co martelo na porta acristalada de UPyD, na caixa de correo e na parede de entrada ao edificio. Con estas pintadas encontráronse os integrantes do partido Unión Progreso y Democracia de Pontevedra cando accedían á súa sede na rúa Michelena na tarde do mércores.

Enrique Lareo, integrante deste partido, comentaba a PontevedraViva cualificaba estas pintadas como un acto "de mal gusto que es difamante y que no corresponde con el pensamiento de UPyD" referíndose á comparativa que nos debuxos se fai do partido de Rosa Díez coa simboloxía nazi.

Non é o primeiro ataque que sofre a sede porque, meses atrás, a placa da entrada aparecera cuberta con adhesivos do sindicato CIG por enriba do logo da organización política. Lareo cre que os autores "o son de un lado o del otro. Nosotros somos el centro. Son ganas de fastidiar".

Na sede non se produciron máis danos nin en días previos se rexistraran ameazas aos integrantes da agrupación.

Polo momento non presentaron denuncia pero Enrique Lareo sinala que a efectuarán nas próximas horas: "esto fue con nocturnidad y alevosía y no pasó a mayores, pero tenemos que hacer la denuncia correspondiente porque esto no se puede permitir. Esto ocurre en una situación de tranquilidad y de democracia y no podemos aceptarlo".

Dende UPyD en Galicia expresaron a súa condea a estes feitos a través de Twitter: