Uns gamberros rachan as lonas da festa do Entroido na Lama

A Lama
16 de febreiro 2018

O Concello da Lama informou que efectivos da Garda Civil procederon a abrir dilixencias tras detectarse á primeira hora deste venres graves desfeitas na práctica totalidade das lonas laterais da carpa instalada na Alameda

Destrozos nas lonas da carpa da Alameda
Destrozos nas lonas da carpa da Alameda / Concello da Lama

O Concello da Lama informou que efectivos da Garda Civil procederon a abrir dilixencias tras detectarse á primeira hora deste venres graves desfeitas na práctica totalidade das lonas laterais da carpa instalada na Alameda para albergar os actos que terán lugar o sábado con motivo da celebración do desfile de Entroido.

O alcalde, Jorge Canda, manifestou a súa total repulsa a este tipo de actos e tranquilizou ao público que decida asistir ao desfile de Entroido porque as previsións metereológicas anuncian presenza de sol e bo tempo durante o evento.

O rexedor tamén aproveitou para garantir a boa situación desta infraestrutura para o seu uso durante a repartición de chocolate e rosca que se producirá ao finalizar o percorrido e mentres o xurado dirime os gañadores na edición deste ano entre máis de 1.000 participantes entre os que estarán 7 comparsas (100 Tolos, Amoriños de Bora, Os da Cana, Os Solfamidas, Os Canecos e Os Paparrulos), unha decena de grupos locais, media ducia de visitantes, así como numerosos disfraces individuais.

Arquivado en