Empeza a ser xa unha tradición.
O cuarteto de corda pontevedrés Vagalume ofreceu un concerto de nadal na Unidade de Reanimación do Hospital de Montecelo.
O obxectivo da iniciativa era amenizar e acompañar con melodías tradicionais destas datas tanto aos pacientes ingresados como aos seus familiares, así como aos profesionais sanitarios.
A formación Vagalume, con apenas un ano de traxectoria, está formada por músicos de cámara formados en conservatorios superiores.
Está composto por Vania Collazo e Sabela Senn ao violín, Irene Portela á viola e Rubén Canedo ao violoncelo.
Para esta ocasión especial, o Cuarteto Vagalume preparou un programa composto por seis pezas relacionadas co Nadal e o inverno, dous delas arranxadas por eles mesmos.
Arrincaron a súa interpretación co Last Christmas do grupo británico Wham!, e continuaron co clásico O inverno (2º movemento) de Antonio Vivaldi, Nadal de Numide, Nadal de Luintra e dúas pezas clásicas de Tchaikovski, como son Trépak e o Vals das Flores.
Este concerto estaba organizado polo Servizo de Anestesioloxía, Reanimación e Terapéutica da Dor do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP).