Un total de 168 persoas percorreron este domingo O Pontillón do Castro na terceira dos roteiros que forman parte do programa "Ponteandadas".
As PonteAndadas son un programa deportivo pensado para todo tipo de persoas para que cada unha, ao ritmo que considere oportuno, desfrute dun día diferente coñecendo lugares do concello de Pontevedra pouco coñecidos que merece a pena poñer en valor. As Ponteandadas son un evento que favorece á empatía e a socialización.
A de este domingo foi a terceira das oito etapas comporán esta nova edición do programa.
Os participantes saíron ás dez da mañá desde o Pontillón do Castro nunha camiñada que tivo unha duración, para a rapazada dunha hora e media aproximadamente e de 3 horas para os adultos, con dous percorridos circulares de dificultade media.
A seguinte Ponteandada será despois do verán, concretamente o domingo 1 de outubro. Cunha PonteAndada Extrem e Mini Extrem-Lérez, Verducido, Alba. Saídas ás 8:30 e ás 10:00 horas desde o Multiúsos da Xunqueira. Dous percorridos circulares de dificultade media-alta. Extrem, 25 quilómetros e unhas 6 horas de duración, e Mini Extrem 13 quilómetros, unhas 3 horas.