A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés iluminou a pasada noite en cor verde as fachadas dos seus hospitais Provincial, O Salnés e Montecelo para dar visibilidade ao colectivo de pacientes con enfermidades reumatolóxicas.
Esta iniciativa, en colaboración coa asociación ASEARPO, forma parte dos actos da campaña que se desenvolverá durante outubro coma mes da artrite e a espondiloartrite.
Ademáis celebrouse en Pontevedra un breve acto conmemorativo no Hospital Provincial, ao que asistiron directivos e supervisores sanitarios da Área, xunto con profesionais asistenciais do servizo de Reumatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e responsables da asociación ASEARPO.
PANCARTA
Por outra banda, o concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, e o tenente de alcalde e concelleiro de Actividade Física e Saúde, Tino Fernández, participaron esta mañá na colocación dunha pancarta conmemorativa polo Día Mundial do Paciente Ostomizado (mañá 3 de outubro) no balcón da Casa Consistorial, acompañados pola presidenta da Asociación Socio Sanitaria de Enfermidades Inflamatorias Intestinais (ASSEII), Ángela Paz, e do deportista e membro do colectivo, Víctor Loira.