Unha xigantesca "galiña azul" suscita a curiosidade dos transeúntes na avenida de Montero Ríos

Pontevedra
04 de maio 2017

O seu gran tamaño complica recoñecela nas distancias curtas. Hai que afastarse un pouco e buscar a mellor perspectiva para descubrir á xigantesca "galiña azul" que decora a avenida de Montero Ríos e parte da fachada do instituto Vale Inclán

Galiña azul na avenida de Montero Ríos
Galiña azul na avenida de Montero Ríos / PontevedraViva

O seu gran tamaño complica recoñecela nas distancias curtas. Hai que afastarse un pouco e buscar a mellor perspectiva para descubrir á xigantesca "galiña azul" que decora a avenida de Montero Ríos e parte da fachada do instituto Valle Inclán.

Esta acción artística é unha chamada de atención ao cidadán ante a inminente celebración do Día das Letras Galegas.

Obviamente o motivo escollido, a "galiña azul", é unha clara referencia ao máis popular dos libros de Carlos Casares, o autor homenaxeado este ano.

Publicado orixinalmente en 1968, foi unha das primeiras obras editadas en galego para público infantil.

No libro aparecen personaxes inesquecibles como Leoncio, un tolo moi cordo que inventa canóns que disparan caramelos e bombas da felicidade; a abnegada formiga esquiadora que partiu unha perna; ou, por suposto, a misteriosa galiña azul "con cinco plumas vermellas nunha á" que pon ovos de cores e ten alarmadas ás autoridades.

Neste caso as autoridades están moi tranquilas posto que a acción artística está autorizada. E si, tamén hai un ovo de cor.

Arquivado en