Unha vertedura programada de fecais da EDAR de Cambados obriga a pechar tres polígonos bateeiros

O Salnés
15 de maio 2024

As obras de mellora na Estación Depuradora de Augas Residuais de Tragove (Cambados) obrigaron a parala durante oito horas o que provocou que a vertedura de fecais á ría de Arousa polo que o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) decidiu decretar o peche cautelar de tres polígonos bateeiros

Depuradora de Cambados
Depuradora de Cambados

As obras de mellora na Estación Depuradora de Augas Residuais de Tragove (Cambados) obrigaron a parala durante oito horas o que provocou que a vertedura de fecais á ría de Arousa polo que o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) decidiu decretar o peche cautelar de tres polígonos bateeiros.

A Xunta explicou que era necesaria a execución do baipás nas tubaxes do pretratamiento actual e que precisamente as melloras na estación son para "incrementar a calidad de las aguas a la ría, lo que redundará muy positivamente en todas las actividades que se desarrollan en ella".

Igualmente, explicaron que o peche cautelar dos polígonos "foi avisado con anterioridade", aos sectores produtivos da ría e ao Concello de Cambados, "que foi informado convenientemente da situación, da importancia desta operación e da imposibilidade de realizala noutro momento", tal e como confirmou o alcalde Samuel Lago que sinalou que o Concello tivo que parar os bombeos "para reducir o volume de augas sucias enviado".

Con todo, o presidente da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA), Xaquín Rubido criticou que se tomou esta medida  "sen dar oportunidade a plantexar solucións alternativas ou alegar a dita vertedura", pois considera que "sempre hai solucións alternativas que se poden abordar a través do diálogo co sector do mar e o Concello de Cambados".

O presidente de Defensa da Ría considera unha "acción irresponsable" a medida adoptada e esixiu que "se depuren as responsabilidades oportunas nos cargos políticos que tomaron esta decisión" porque  "a situación da Ría de Arousa é crítica e con este tipo de actuacións só estamos botando pedras no noso propio tellado. Hai alguén responsable que pense no futuro?",engadiu.