Unha traballadora da estación falece atropelada por un autobús

Pontevedra
21 de marzo 2018
Actualizado: 22:15

A vítima tiña 46 anos e era veciña de Pontevedra. O condutor do autobús da empresa Monbús perdeu o control do vehículo e arrolou á muller, que impactou contra unha columna. O sucedido está calificado como un accidente laboral e instrúe dilixencias para aclaralo a Policía Nacional

Atropelo mortal na Estación de Autobuses
Atropelo mortal na Estación de Autobuses / Mónica Patxot

Unha traballadora da estación de autobuses de Pontevedra de 46 años perdeu a vida na tarde deste mércores nun accidente laboral ao ser atropelada por un autobús da empresa Monbús cando se atopaba na dársena do recinto.

O accidente ocorreu ao redor das 19.00 horas da tarde deste mércores. A muller, que traballa no servizo de información da estación, baixou á dársena para recoller un paquete. Segundo testemuñas presenciais, xusto nese momento, o condutor do autobús perdeu o control do vehículo e arroiouna. A falecida estaba en pé á altura dunha columna e, como resultado do impacto, o seu corpo chocou contra esa peza de formigón

As policías Local e Nacional de Pontevedra indicaron que foi cualificado xa como accidente laboral porque, entre outras circunstancias, tanto o condutor como a vítima estaban a traballar no momento en que sucedeua.

A Policía Nacional instrúe dilixencias do ocorrido e agora deberá aclarar as circunstancias que rodean ao suceso, pero as primeiras informacións solicitadas no lugar dos feitos apuntan a que o condutor, veciño de Ourense, estaba parado e pretendía dar marchar atrás cando, por causas aínda confusas, acabou circulando cara adiante.

Como resultado desa manobra que aínda se está investigando, o autobús, un vehículo automático, acabou subindo á beirarrúa. Unha das rodas subiu por unha rampla e, co morro do vehículo, alcanzou á muller e empuxouna cara á columna. 

A muller faleceu no acto como resultado das feridas sufridas. Trátase dunha veciña de Pontevedra de 46 anos casada e con tres fillos. O seu marido, moi coñecido pola súa profesión de taxista, desprazouse inmediatamente ata as instalacións deste espazo do que é titular a Xunta de Galicia, onde se viviron momentos moi duros.

O irmán da falecida tamén traballa na estación e era unha persoa moi querida entre os seus compañeiros, que se mostraban moi consternados polo ocorrido. O persoal seguiu realizando as súas tarefas habituais, pero visiblemente afectados. Na zona de venda de billetes, os dous traballadores que continuaron coas súas tarefas facíano con bágoas nos ollos e, ademais, desprazáronse ata a estación os familiares máis próximos da vítima, que protagonizaron escenas de moita dor. 

O aviso do ocorrido realizouse inicialmente como un atropelo por un accidente de tráfico e desprazáronse ao lugar varias patrullas da Policía Local e unha ambulancia, pero inmediatamente considerouse xa como accidente laboral e fíxose cargo da investigación a Policía Nacional. O persoal da ambulancia xa non puido facer nada para salvar a vida da falecida.

Os axentes da Policía Local que chegaron ao lugar en primeiro lugar tomaron declaración ás testemuñas e ao condutor, que dúas horas máis tarde seguía sen explicarse o ocorrido e rompeu a chorar varias veces. Ao redor das 21.00 horas lamentábase ante os axentes da Policía Nacional: "He dejado a una familia huérfana". 

Durante as primeiras horas da noite deste mércores de desprazaron ata a estación de autobuses axentes da Policía Científica e a Policía Xudicial da Comisaría de Pontevedra e tamén estaba prevista a presenza de persoal da Inspección de Traballo trasladado desde Vigo para investigar o ocorrido. 

O conductor: "He dejado a una familia huérfana"

Ao redor das 21.20 horas, dúas horas despois do sinistro, chegou á estación un coche fúnebre para poder trasladar o cadáver unha vez que a forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) trasladada ao lugar terminase o seu traballo e autorizase o levantamento do corpo e o seu traslado para poder practicarlle a autopsia. 

Aestación seguiu funcionando con normalidade, pero a actividade centrouse na segunda plataformadas instalacións. A zona máis próxima ao autobús implicado foi acordoada pola Policía Local para evitar que os usuarios se achegasen ao lugar do incidente.