Unha sociedade que salva vidas

Pontevedra
17 de outubro 2017

Con motivo da conmemoración do Día Europeo de Concienciación do Paro Cardíaco, durante tres horas, os profesionais sanitarios de Pontevedra amosaron a manobra básica de RCP a todas aquelas persoas que quixeron coñecer "como salvar unha vida"

Taller práctico de reanimación cardiopulmonar (RCP)
Taller práctico de reanimación cardiopulmonar (RCP) / Sergas

Profesionais da UCI do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra impartiron este luns dous talleres prácticos de reanimación cardiopulmonar (RCP) dirixidos a persoal sanitario, pacientes e usuarios nos hospitais Montecelo e Provincial.

Con motivo da conmemoración do Día Europeo de Concienciación do Paro Cardíaco, durante tres horas, os profesionais amosaron a manobra básica de RCP a todas aquelas persoas que quixeron coñecer "como salvar unha vida".

Unha ducia de profesionais da Unidade de Coidados Intensivos e do servizo de Pediatría participaron nos obradoiros. O taller levado a cabo no Hospital Provincial estivo centrado na aprendizaxe desta técnica en casos pediátricos.

Tamén participou nesta iniciativa o equipo do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez coordinado pola Unidade de Coidados Intensivos (UCI). Os talleres estiveron dirixidos a empresarios do comercio e á hostalería de Pontevedra, e aos veciños, nun obradoiro aberto ao público e establecido na entrada principal do hospital. 

Para os talleres dirixidos a empresarios, que continúan este martes nunha nova sesión, inscribíronse un total de 30 profesionais.