Luis "O Caruncho" e Benito Lobariñas, dous regueifeiros, serán os pregoeiros das festas de San Xoán no Concello de Poio.
Lidia Salgueiro, concelleira de festas e cultura de Poio, avanza aos veciños que este ano van ter un pregón "distinto", será unha regueifa e dicir, un desafío oral improvisado en verso.
Segundo explicou, o goberno local na súa aposta por recuperar as tradicións confeccionou un programa para as festas patronais onde ten protagonismo a cultura popular o que marca a elección dos pregoeiros, encargados de improvisar "a pelo" en galego facendo gala do maior enxeño e mordacidade.
Luis "O Caruncho" é gaiteiro, zanfonista, cantante e incluso aprendiz de actor e Benito Lobariñas é compoñente do grupo Zurrumalla é tamén gaiteiro. Os dous forman unha parella que é bastante requerida como presentadores de espectáculos con grande éxito entre a concorrencia.