Unha primavera chea de actividades para coñecer e gozar do Pontillón do Castro, A Fracha e A Tomba

Pontevedra
15 de maio 2024

O programa "O monte é teu" comeza esta fin de semana na Fracha e na Tomba para estudar a súas vexetacións e coñecer a mitoloxía galega. Todas as actividades son de balde pero é preciso inscrición previa 

Observación astronómica coa Agrupación astronómica Rías Baixas en Noites Abertas
Observación astronómica coa Agrupación astronómica Rías Baixas en Noites Abertas / Noites Abertas

Chegada a primavera a Concellaría de Montes do Concello de Pontevedra, que xestiona María José Abilleira, propón novas actividades do programa "O monte é teu" para coñecer e gozar dos parques forestais do concello: Pontillón do Castro, A Fracha e A Tomba, e poñer en valor este anel verde perimetral da cidade. 

É un calendario de 19 actividades que abrengue os fins de semana dende o 18 de maio ata o 16 de xuño.

Todo o catálogo de actividades está accesible na web de montes (montes.pontevedra.gal) ou en apuntate.pontevedra.gal,, onde se poden consultar as primeiras das actividades, datas, idades de participación, material recomendado, así como o formulario de inscrición.

Todas son de balde e requiren de preinscrición que se fará a través das citadas webs con formularios en liña.

  • A Fracha
    • O bestiario máxico. 18 maio
    • Lugares máxicos. 25 de maio
    • Observación de bolboretas. 26 de maio
    • Observación de flora e fauna. Rastros e pegadas. 1 xuño
    • Concerto: Contos no monte. 2 de xuño
    • A natureza como espazo creativo. 15 de xuño

 

  • A Tomba
    • Máis que vento e fibra. Funcións e valores do noso monte. 19 de maio
    • Baños de bosque. 25 de maio
    • Contacontos sobre a natureza con música. 1 de xuño
    • Coñece os cantos das aves e fabricación de caixas niño. 2 de xuño
    • Observación solar. 16 de xuño
    • Ioga en familia. 8 de xuño
    • Buscando o Norte. Actividades de orientación con mapa. 9 de xuño

 

  • Pontillón do Castro
    • Observación astronómica nocturna. 31 de maio
    • A procura do tesouro: Geocaching. 2 de xuño
    • A música da natureza. Construción de instrumentos musicais con elementos naturais. 8 de xuño
    • Iniciación ao Kaiak. 9 de xuño
    • Os xoguetes de sempre. 9 de xuño
    • Observando macroinvertebrados. Os pequenos habitantes dos ríos. 15 de xuño