Unha piñata e unha merenda abren as festas de Pedre na honra de San Esteban e o Santísimo

Cerdedo-Cotobade
02 de agosto 2022

Este mércores 3, o programa prevé comezar co pasarrúas matinal a cargo do grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo.  Ás 12.00 horas haberá un acto litúrxico na honra de San Esteban e ás 13.00 horas oficiarase a misa solemne na honra do Santísimo. Pola noite haberá verbena a cargo do grupo Fama de Vigo e o trío Rever  

Presentación das festas de Pedre na honra de San Esteban e o Santísimo
Presentación das festas de Pedre na honra de San Esteban e o Santísimo / Concello de Cerdedo-Cotobade

Unha merenda e unha piñata para os máis cativos da casa abren este martes 2 de agosto o programa lúdico-festivo que se desenvolverá os días 2 e 3 de agosto en Pedre, en Cerdedo-Cotobade, na honra de San Esteban e o Santísimo.

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e membros da Comisión de Festas de Pedre fixeron público este martes o programa lúdico-festivo, que se desenvolverá este martes e tamén este mércores 3 de agosto.

Xa este mércores 3, o programa prevé comezar co pasarrúas matinal a cargo do grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo

Ás 12.00 horas haberá un acto litúrxico na honra de San Esteban e ás 13.00 horas oficiarase a misa solemne na honra do Santísimo.

Este programa lúdico-festivo completarase pola noite coa celebración dunha verbena a cargo do grupo Fama de Vigo e o trío Rever.

O alcalde felicitou aos membros da comisión pola capacidade de traballo e polo programa que achegan este ano á veciñanza e animounos a seguir traballando polo seu pobo para contribuír a dinamizalo e manter vivas as tradicións.

A comisión de festas está integrada por Iria Mourelle, Maca Garrido, Esteban Ramos, Mónica Fontán Ramos, Rami Vázquez e Marcos Garrido Fontán.