Unha nova guía para incluír a perspectiva de xénero á investigación no ámbito tecnolóxico e industrial

Pontevedra
13 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Esta iniciativa, que conta cun orzamento de 4.083 euros, está enmarcada dentro dos proxectos de investigación subvencionados dentro da Cátedra de Feminismos 4.0.

Presentación da guía para incorporar a perspectiva de xénero á investigación no ámbito tecnolóxico-industrial
Presentación da guía para incorporar a perspectiva de xénero á investigación no ámbito tecnolóxico-industrial /

A Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo presentaron unha guía para incorporar a perspectiva de xénero á investigación no ámbito tecnolóxico-industrial. 

Esta iniciativa, que conta cun orzamento de 4.083 euros, está enmarcada dentro dos proxectos de investigación subvencionados dentro da Cátedra de Feminismos 4.0., que ambas institucións teñen en marcha. 

Na presentación, que tivo lugar no Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (CINTECX) da Universidade de Vigo, participou a deputada de Igualdade, Sandra Bastos, xunto coa directora do Centro, Concepción Paz, e a vicerreitora de Investigación, Belén Rubio

Ademais, celebrouse un panel de expertas coa presenza da directora da Unidade de Igualdade da Universidade, Águeda Gómez, e as investigadoras María López e Iria Vázquez, das universidades de Deusto e Vigo.

Sandra Bastos remarcou a importancia desta guía e lembrou que este "enfoque sensible de xénero non só é cada vez máis valorado nas convocatorias e proxectos, senón que tamén é fundamental para obter un coñecemento máis xusto e completo".

A nova guía recolle a necesidade de incorporar a perspectiva de xénero en todas as fases do proceso de investigación: dende a composición do equipo ata os resultados e o seu impacto, pasando polo plan da investigación, a revisión bibliográfica e o marco teórico e a metodoloxía. Ademais, contén unha sección específica enfocada aos proxectos de investigación financiados con recursos europeos. 

A guía pode consultarse na web da Universidade de Vigo na seguinte ligazón: Guía incorporación perspectiva de xénero – CINTECX (uvigo.es)