A estrada nacional N-640 volveu rexistrar outro accidente ao seu paso polo municipio de Cuntis.
Nesta ocasión foi unha colisión entre dous vehículos ocorrida este venres sobre as 19:00 horas.
Segundo informou o servizo de emerxencias de Cuntis, como consecuencia do sinistro resultaron feridas dúas persoas, unha muller e a súa nai, que tiveron que ser trasladadas a un centro sanitario.
Ambas as mulleres viaxaban nun dos vehículos, que chegou a perder a porta do condutor por mor do impacto.
Conducindo o outro coche implicado neste accidente estaba unha muller embarazada que viaxaba xunto aos seus dous fillos menores de idade. Todos eles resultaron ilesos.