Unha muller de 86 anos ingresada nun centro hospitalario da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés converteuse na vítima número 255 desde o inicio da pandemia, segundo comunica a Consellería de Sanidade. Contaba con patoloxías previas.
A última actualización dos datos da pandemia na área sanitaria sinala que este sábado 19 de febreiro hai un total de 3.392 casos activos, son 193 menos que onte venres. Nas últimas 24 horas curáronse 415 persoas.
Así, este sábado o Servizo Galego de Saúde (Sergas) notifica 221 novos casos abertos nas últimas 24 horas.
Hai un total de 84 pacientes enfermos de Covid que están ingresados en planta de hospitalización, son 10 menos que onte. Son 73 (catro menos que onte) no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, ningún no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 11 (un menos) no Hospital do Salnés.
Baixan a 3 (un menos) os pacientes en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Montecelo.
O resto dos que contraeron o virus, outras 3.305 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e baixo supervisión médica, ao ser asintomáticos ou ter pouca sintomatoloxía.
Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 52.484 pacientes e faleceron por este virus na área sanitaria 255 pacientes.
En canto a realización de PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 536 probas, que se engaden ás 397.707 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria. A elas súmanse as 227.535 probas de antíxenos e outras 122.867 probas de detección da covid-19.
GALICIA
A semana continúa progresando moito mellor que a anterior, cun descenso acumulado de luns a sábado do 35,8% e máis de 15.000 casos activos menos que hai unha semana.
O número de 1.971 novos casos descende en 908 respecto a os do sábado pasado. Os casos activos baixan a 30.651, un descenso de 2.172 infectados. Baixa de 584 a 569 o número de persoas hospitalizadas, 63 menos que hai unha semana. A incidencia a 14 días baixa 108 puntos a 1.442 e a incidencia a 7 días baixa 34 puntos ata os 567 casos por cada 100.000 habitantes.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 30.651 deles 6.590 son da área da Coruña, 3.423 da de Lugo, 3.499 da de Ourense, 3.392 da de Pontevedra, 6.432 da área de Vigo, 5.364 da de Santiago e 1.609 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 33 están en UCI, 536 en unidades de hospitalización e 30.082 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 451.264 persoas curadas, rexistrándose 3.074 falecementos.
Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
Día 17 de febreiro:
- Muller de 86 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
- Home de 88 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte.
- Home de 90 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
- Muller de 90 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza.
- Home de 91 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza.
- Muller de 84 anos, na área sanitaria de Ferrol.
Día 18 de febreiro:
- Home de 89 anos, na área sanitaria da Santiago e Barbanza.
As persoas falecidas presentaban patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 3.664.436. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.515.951.