Unha muller de 70 anos, quinta vítima da covid esta semana na Área Sanitaria

Pontevedra
18 de decembro 2021

A Consellería de Sanidade comunicou a última hora deste sábado dous novos falecementos en Galicia de persoas con positivo activo en covid, un deles producido no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Ambulancia diante do servizo de Urxencias de Montecelo
Ambulancia diante do servizo de Urxencias de Montecelo / Mónica Patxot

A Consellería de Sanidade comunicou a última hora deste sábado dous novos falecementos en Galicia de persoas con positivo activo en covid, un deles producido no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Trátase dunha muller de 70 anos, que se converte na vítima 217 da pandemia na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

É ademais o quinto falecemento esta semana na área pontevedresa.

Xunto a esta morte Sanidade comunicou tamén a dun home de 72 anos que se atopaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

En ambos os dous casos os falecidos presentaban patoloxías previas, segundo informa o Servizo Galego de Saúde.