Unha muller de 68 años falecida en Montecelo, vítima 142 pola covid-19 na área sanitaria

Pontevedra
16 de febreiro 2021

A Consellería de Sanidade notificaba este martes 14 novos falecementos por coronavirus en Galicia. Todas estas persoas eran vítimas da covid nos últimos tres días e contaban con patoloxías previas nos seus historais clínicos. Desde que se teñen rexistros das mortes desde o inicio da pandemia, a comunidade rexistra 2.138 decesos

Zona de Reanimación en Intensivos UCI
Zona de Reanimación en Intensivos UCI / Pool / Ramón Leiro

Este martes 16 de febreiro a Consellería de Sanidade notificaba o falecemento de 14 persoas en Galicia como consecuencia da enfermidade covid-19, entre elas unha muller de 68 anos de idade que perdía a vida o luns 15 no Hospital Montecelo de Pontevedra, con outras patoloxías no seu expediente médico.

Desde o inicio do plan de continxencia que se poñía en marcha por culpa desta enfermidade faleceron 142 pacientes na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés mentres que a cifra de persoas que lograron curarse despois de infectarse é de 10.086 pacientes, segundo os datos que ofrecen as autoridades sanitarias de Galicia. 

A esta muller hai que sumar a morte doutras 13 persoas na comunidade neste boletín de falecementos comunicado por Saúde Pública no que figura un home de 85 anos falecido no Hospital Universitario Lucus  Augusti (HULA) de Lugo durante o domingo 14 de  febrerom mentres que o luns 15 falecían outras seis persoas: dúas mulleres de 77 e de 95 anos no Complexo Hospitalario de Ferrol (CHUF), no último caso procedente da residencia Mi Casa do mesmo municipio; un home de 89 anos no CHUAC (Hospital da Coruña); un home de 92 anos no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela (CHUS) e un home de 95 anos no Complexo Hospitalario de Ourense ( CHUO).

Durante este martes 16 de febreiro causaban morte seis pacientes máis, dúas mulleres na provincia de Pontevedra: unha muller de 63 anos e outra de 91 no centro hospitalario Álvaro Cunqueiro de Vigo;  mentres na provincia da Coruña perdían a vida tres persoa por culpa do coronavirus: un home de 91 anos no CHUF de Ferrol, un home de 84 e unha muller de 95 anos no CHUAC; e unha muller de 85 anos no Hospital ourensán de Valdeorras, procedente da residencia de maiores de Larouco.

Todas estas vidas falecían como consecuencia da infección provocada pola covid-19, aínda que contaban con patoloxías previas. Con estas novas mortes Galicia alcanza xa o número de 2.138 decesos desde que se comezaron a notificar os falecementos por coronavirus na  comunidade autónoma.