Unha moza de 23 anos denuncia un caso de abuso sexual no baño dun bar

Pontevedra
18 de novembro 2019

A Unidade de Atención á Familia e Muller (UFAM) da Policía Nacional de Pontevedra mantén aberta unha investigación e, de momento, segue tentando identificar ao suposto autor dos abusos. A vítima denunciou na Comisaría que entrou no baño e un home seguiuna, empezou a realizarlle tocamentos e non a deixaba abrir a porta e saír

Cartaz dunha manifestación feminista en Pontevedra
Cartaz dunha manifestación feminista en Pontevedra

A Unidade de Atención á Familia e Muller (UFAM) da Policía Nacional de Pontevedra mantén aberta unha investigación para aclarar unha denuncia por abuso sexual presentada esta fin de semana por unha moza de 23 anos. De momento, os investigadores seguen tentando identificar ao suposto autor dos abusos a partir dos datos facilitados pola vítima. 

A moza denunciou na Comisaría que todo ocorreu na noite do venres nun negocio de hostalería da cidade. Ela entrou no baño e un home seguiuna, empezou a realizarlle tocamentos e non a deixaba abrir a porta e saír, segundo a información facilitada por fontes policiais. 

Segundo consta na denuncia presentada pola moza, ela empezou a  forcexear e logrou librarse do home que a mantiña retida e saír á rúa. Tras iso, acudiu á Comisaría para poñer os feitos en coñecemento da Policía Nacional. 

A  UFAM fíxose cargo das investigacións e empezou pola toma de declaración ás testemuñas, pero, de momento, non logrou identificar o autor