Unha mesa redonda sobre a igualdade no deporte, principal actividade de Sanxenxo polo 8M

Sanxenxo
28 de febreiro 2024

Na mesa redonda, con entrada libre para o público, participarán Patricia Curbelo, xogadora de Viajes InterRías; Carlos Castro Barreiro, adestrador do equipo feminino AX Saraiba do Mar; Iris Romero, árbitra de fútbol; e representantes da Federación Galega de Fútbol

A asistente Iris Romero durante un partido de fútbol
A asistente Iris Romero durante un partido de fútbol

O Concello de Sanxenxo conmemorará o 8M cunha mesa redonda sobre 'A igualdade no deporte'.

Será un dos actos principais da xornada. Terá lugar no Hotel Carlos I Silgar ás 20.30 horas e contará coa entrega de recoñecementos a 24 entidades deportivas locais por colaborar no impulso do deporte feminino.

Na mesa redonda, con entrada libre para o público, participarán Patricia Curbelo, xogadora de Viajes InterRías; Carlos Castro Barreiro, adestrador do equipo feminino AX Saraiba do Mar; Iris Romero, árbitra de fútbol; e representantes da Federación Galega de Fútbol. A xornalista e presentadora María Solar será a encargada de moderar o debate.

Doutra banda en horario matinal (11.00 horas), o Priorado de Arra acollerá un café coloquio interactivo sobre a muller que virará en torno ao libro 'El síndrome de la chica buena', da picóloga Marta Martínez Novoa.

Ademais, tamén se dará lectura ao manifesto de mulleres rurais do Concello de Sanxenxo. Ao ser prazas limitadas, as persoas que queiran asistir deberán confirmar asistencia antes do 4 de marzo escribindo a cim@sanxenxo.org ou no teléfono 986 727 901.

A programación organizada a través do CIM inclúe ademais das actividades nos centros educativos que se están levando a cabo esta semana, a presentación do libro 'Purificación Mayobre. Pensar o mundo en feminino', o próximo 16 de marzo, ás 17.00 horas no Club Náutico de Sanxenxo.

Doutra banda a Casa Mariñeira de Portonovo acollerá o 22 de marzo, ás 20.00 horas, unha conferencia sobre a muller e a violencia na Ría de Pontevedra nos séculos XVIII e XIX que impartirá José María Leal Bóveda, profesor da UNED. 

Arquivado en