Unha manifestación lembrará a desaparición de Sonia Iglesias hai oito anos

Pontevedra
22 de agosto 2018

Será o venres 24, ás 21.30 horas, e partirá da Praza da Ferrería en dirección á Praza da Peregrina, e a continuación percorrerá as rúas de Benito Corbal, Daniel da Sota, Castelao, Sagasta, Joaquín Costa, Branco Porto e Benito Corbal, para terminar de novo na Ferrería

Manifestación en recordo de Sonia Iglesias polo quinto aniversario da súa desaparición
Manifestación en recordo de Sonia Iglesias polo quinto aniversario da súa desaparición / Mónica Patxot

A familia, os amigos e os compañeiros de traballo de Sonia Iglesias Eirín chaman a todos os cidadáns que o que desexen a participar na manifestación convocada para o vindeiro venres 24, con motivo do cumprimento dos oito anos da desaparición da moza pontevedresa o 18 de agosto de 2010.

Baixo o lema "Oito anos sen Sonia", a manifestación partirá ás 21:30 horas da Praza da Ferrería de Pontevedra en dirección á Praza da Peregrina, e a continuación percorrerá as rúas de Benito Corbal, Daniel da Sota, Castelao, Sagasta, Joaquín Costa, Branco Porto e Benito Corbal, para terminar de novo na Praza da Ferrería.

Esta mobilización persegue manter o caso vivo. Desde logo a sociedade pontevedresa nunca se esqueceu de Sonia Iglesias e os responsables policiais aseguran que seguen investigando e que ten a un equipo traballando case en exclusiva neste caso. Incluso o fiscal xefe da provincia, Juan Carlos Aladro, confirmou que a Policía Nacional segue abrindo novas liñas de investigación que esperan que poidan dar resultado.

Con todo a nivel xudicial as pescudas volveron ser arquivadas en xuño á espera de novas probas.

 

Arquivado en