O Salón de Plenos do Pazo provincial vestiuse de gala este venres en recoñecemento ao talento xuvenil da provincia na súa habitual cita anual cos Premios Provinciais á Xuventude, que este ano chegaron á súa sexta edición, e co concurso Reacción polo clima, que celebrou a súa terceira convocatoria.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, non deixou pasar por alto o feito de que as mulleres foran maioría, ata o punto de que "en catro das categorías unicamente foron premiadas proxectos e obras feitas por mulleres, o que quere dicir que se nalgúns sectores se nos invisibiliza non é precisamente nin por falta de ganas, nin de iniciativa nin de talento".
Os premiados nos VI Premios Provinciais á Xuventude, nos que se recibiron un total de 75 candidaturas, foron os seguintes:
Iniciativa empresarial, 1º premio para Eire García Cid (Nigrán), 2º premio para Alba e Antía Outeda Barral e Sara Lede Rey (Ribadumia) e 3º premio para Eva Pena Fandiño (Pontevedra).
En Educación en valores, 3º premio para o IES Frei Sarmiento de Pontevedra polo proxecto 'Mulleres na ciencia? Abre os ollos!'.
En Investigación, 1º premio para Manuel Casal Guisande (Vigo), 2º premio ex aequo para Iván Garrido González (Vigo) e e Jesús Balado Frías (Salvaterra) e 3º premio tamén ex aequo para Pablo Fondo Ferreiro (Vigo) e Rebeca López Villar (Vigo).
Na categoría de Contido audiovisual, 1º premio para Roberto Pastoriza Rodríguez (Bueu) e 2º premio para Andrea Gondález Lozoya (Vigo).
En Traballo musical: na subcategoría ‘Outros xéneros’, 1º premio para Santiago Guerra Fernández (Cangas) e na na subcategoría ‘Música clásica’ levou o 3º premio María Magdalena Arbigay Ligero (Pontevedra).
En Banda deseñada outorgáronse un 2º premio para Sabela Domínguez Costa (Marín) e un 3º premio para Icía Paz Alonso (Vigo).
As gañadoras na categoría de Deseño e moda foron 1º premio Sabela Juncal Vidal (Pontevedra), e 2º premio Laura Barrós Chans (Pontevedra).
En Traballo literario breve, subcategoría ‘Narrativa’, o 1º premio foi para Inés Alonso Veloso (Vigo), o 2º premio para Laura Rubio Lareu (Vila de Cruces) e o 3º premio para Pedro Rodríguez Vilar (Nigrán). Na subcategoría ‘Poesía’, o 1º premio foi para Eva Pena Fandiño (Pontevedra), o 2º premio para Lucía Álvarez Albarenga (O Rosal) e o 3º premio para Eva González Blanco (Lalín).
Por último, en Fotografía orixinal, na subcategoría de ‘Fotografía’ o 1º premio foi para Helena Constenla Lorenzo (Poio), o 2º premio para María Sarrapio Pol (Pontevedra), e o 3º premio para Irene Curra Piñeiro (Bueu). En ‘Serie fotográfica’ resultaron premiadas co 1º premio Claudia Gómez López (Pontevedra), co 2º premio Ana Gómez Ferreira (O Grove) e co 3º premio Lara Cores Piñeiro (Ribadumia).
Os premios do concurso Reacción polo clima foron parar o 1º premio á Asociación de Amigas e Amigos da Empanada (Silleda) o 2º premio para o alumnado de 4º da ESO do Colexio Lar (Vigo), e Juan Rodríguez Bas (Gondomar), 3º premio.