A Escola Naval Militar de Marín será escenario o vindeiro venres 24 de novembro da cerimonia de entrega dos Premios AJE, que outorga a Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE).
Será a partir das 20.00 horas da tarde e co escritor Manel Loureiro como mestre de cerimonias, segundo desvelaron este luns a presidenta da asociación, María Buceta, e a concelleira marinense Beatriz Rodríguez nun acto celebrado no Espazo Emprendendor de Innovación Alimentaria.
"Desde o minuto uno, Manel mostrounos toda a ilusión e compromiso por este proxecto”, asegura Buceta sobre a entrega duns premios nos que se recibiron 15 propostas para o premio á Mellor Iniciativa Empresarial e 10 para o Premio Mellor Empresario do ano.
Loureiro mostrouse encantado de poder colaborar na iniciativa "para demostrar ese pull emprendedor que temos na provincia"
Pola súa banda a edil Beatriz Rodríguez defendeu a importancia de que o premio honorífico da gala sexa entregado a Nodosa, "unha empresa do noso porto que é referencia no seu sector".