A calor se combate en Ponte Caldelas con inchables e escuma.
Así foi durante o sábado e tamén este domingo coa Festa de Verán organizada polo Concello.
Nenas e nenos puideron poñerse en remollo nas atraccións de auga instaladas na Alameda, ademais doutros inchables, e participar na sempre divertida festa da escuma.
A entrada era de balde, coa única condición de presentar un ticket dun establecemento asociado ao comercio de Ponte Caldelas.
Todo iso durante catro horas de diversión, entre as 16.30 e as 20.30 horas da tarde.