Unha Festa do Demo diferente pero co espírito burlón de sempre

Pontevedra
23 de agosto 2020

O programa municipal Pontevedra Vívese de actividades lúdicas e festivas tiña gardada unha última cita este domingo 23 de agosto coa tradicional Festa do Demo, unha celebración que tamén se viu condicionada pola pandemia ao eliminar a interacción cos viandantes

Festa do Demo 2020
Festa do Demo 2020 / Cristina Saiz

O programa municipal Pontevedra Vívese de actividades lúdicas e festivas tiña gardada unha última cita este domingo 23 de agosto coa tradicional Festa do Demo.

A celebración, chea de xogos, burlas e trasnadas e sempre caracterizada polo bo humor, viuse iso si condicionada pola pandemia.

Nesta ocasión os pasarrúas do non permitían a interacción entre os asistentes nin a posibilidade de que os menores tocaran ao Demo.

A pesar diso a festa cumpriu coa tradición cun dobre roteiro polas rúas da cidade, con saídas programadas desde os arcos de San Bartolomé ás 12.30 e as 20.00 horas.

Como peche á xornada, A Ferrería tiña previsto poñer o punto e final á celebración coa Foliada do Demo, a cargo do grupo Ghaveta e con todas as medidas de prevención que se tomaron durante os concertos e actuacións das últimas semanas.

Arquivado en