Unha exposición no Mercado lembra que o 95% da poboación migrante chega a Galicia como turista

Pontevedra
03 de xuño 2022

A Asociación de Migrantes de Galicia 'Amiga' e o colectivo Diversidades Acolle organizan esta mostra en colaboración coa concellería de Benestar Social e a Consellería de Política Social coa intención de sensibilizar á cidadanía e cambiar a mirada sobre a migración. A mostra poderá visitarse no andar superior do Mercado de Abastos ata o vindeiro 15 de xuño

Iván Puentes, Santiago González Avión, Maite Bustamante, Marcos Rey e Yoya Blanco no Mercado
Iván Puentes, Santiago González Avión, Maite Bustamante, Marcos Rey e Yoya Blanco no Mercado / Diana Eiras
Situación da migración en Galicia /

A imaxe de asalto á fronteira atópase moi afastada da realidade da migración en España. Maite Bustamante e Santiago González Avión, a presidenta da asociación Amiga e o director das colectivo Diversidades Acolle, son contundentes á hora de explicar que  que máis do 95% da poboación  migrante chega por aeroporto, como turismo, e despois permanecen en Galicia.

Esta poboación é a protagonista da exposición que se pode visitar ata o 15 de xuño no piso superior do Mercado de Abastos de Pontevedra baixo o título 'Experiencias de vida: a decisión de migrar', que organizan estes colectivos en colaboración coa concellería de Benestar Social e a Consellería de Política Social. Este venres achegábanse á presentación os concelleiros Yoya Blanco, Iván Puentes e Marcos Rey.

A idea, segundo explica Maite  Bustamante, é comprobar como as persoas migrantes "nos miran a nós". A proposta busca que se reflexione coa idea de que a cidadanía sente aos outros como "te sintes a ti mesmo" para que os problemas alleos véxanse como propios. 

Na mesma liña pronunciábase Santiago González Avión demandando unha especialización na atención a esta poboación e humanizar a súa mirada a través do cambio de relatos. Explicaba que tamén se vende o discurso de que estas persoas "veñen a quitarnos o traballo", pero en realidade adoitan ocupar postos de traballo que a sociedade non cobre. "A pesca galega non sairía adiante sen a poboación migrante", afirma a presidenta de Amiga, facendo referencia tamén a outros sectores como a hostalería ou a construción. "A pesar da taxa de paro, hai sectores que só ocupa a poboación migrante", expón.

Ademais, estas persoas tamén axudan ante o grave problema que afronta Galicia polo envellecemento da poboación. "Necesitamos un incremento da poboación por propia supervivencia", india o director de Diversidades Acolle. "Galicia necesita que o declive non sexa tan acusado. Estamos perdendo poboación progresivamente nos últimos dez anos. Necesitamos mantela", manifesta.

Os dous colectivos agradecen ao Concello de Pontevedra a sensibilidade e o traballo coa poboación migrante. Marcos Rey, concelleiro de Benestar Social, recoñecía a importancia de ver a estas persoas que se trasladaron para vivir no noso municipio como un elemento positivo porque as súas achegas culturais e sociais."Queremos trasladar esa visión desde os propios colectivos que traballan con eles", sinalou Rey.

O sábado 11 de xuño celebrarase un coloquio intercultural a partir das 11.30 horas no Mercado coa intervención de persoas migrantes, que son protagonistas da exposición. Elas compartirán cos asistentes as historias das súas vidas e os retos e as oportunidades que lles ofrece Galicia como zona de acollida.