Domingo 19 de abril, Sabela Estévez, unha estudante de segundo curso de Bacharelato no Instituto Valle Inclán, en lugar de enfrontarse a unha tarde aburrida de confinamento decide explorar no mundo do deseño dixital.
Desta forma, seguindo a iniciativa doutras mozas creadoras que expoñen os seus traballos en Twitter, Sabela ponse mans á obra para crear a versión pontevedresa do Monopoly, o Monoponte. Realiza o traballo co ordenador xa que non conta con material para facelo físicamente. Durante máis de cinco horas e coa axuda da ferramenta dixital Canva e con outros programas de deseño, crea a réplica local do famoso taboleiro.
"Fun collendo as rúas importantes e as fun agrupando por zonas con cores", afirma a moza, explicando que sempre foi tomando a referencia do xogo orixinal. Pero atopou algunhas dificultades: "O orixinal ten catro estacións e a nosa cidade, non. Así que o cambiei e en lugar de estacións de tren engadín pontes", sinala explicando que as pontes debuxounos ela con outro programa.
A praza de Curros Enríquez, a praza de España, Benito Corbal, a praza da Peregrina, o Teatro Principal, o seu instituto Valle Inclán, a Feira Franca, as Festas da Peregrina, o estadio de Pasarón, Campolongo, a basílica de Santa María e o edificio co prezo máis elevado de todo o taboleiro, o Liceo Casino. Sabela sinala que foi establecendo as cifras a cada edificio de maneira aleatoria pero o inmoble da rúa Manuel Quiroga conta cun elevado prezo de 400 euros no xogo porque "é o edificio máis pijo de Pontevedra", indica con simpatía ao falar da sede da sociedade pontevedresa, que tamén ten unha inscripción cun prezo de 100 euros.
No xogo tampouco falta a ironía e a crítica noutras caixas. O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores aparece vestido de policía alertando "Vai ao cárcere" e outra de Párking gratuíto, coa frase "se o atopas". Tamén elaborou os billetes, as cartas de cada caixa e os botes da comunidade.
Recoñece que non é unha gran afeccionada ao xogo orixinal, malia que si celebrou partidas coas súas amizades máis dunha vez. Pero, sobre todo, Sabela Estévez é amante da creación dixital e quere estudar Ciencias da Educación para ser profesora. O seu soño: "crear xogos así para os nenos".
Admite que elaborar o Monoponte motivouna estes días de peche en casae "pasei unha tarde divertida" nun período de incerteza en que sinala que desmotiva facer deberes sen saber se se lles vai avaliar ou se vai retornar ás aulas este curso.
En todo caso, como exercicio de creación dixital, Sabela Estévez logrou co Monoponte todo un éxito e así o confirman as numerosas críticas positivas que recibe en Twitter, onde amosou o resultado final. Iso si, descarta comerciar o taboleiro porque sería necesario ter os dereitos, que pertencen a empresa Hasbro.
me he pasado toda la tarde haciendo esto pero estoy orgullosa con el resultado :) pic.twitter.com/tuOHA75NnK
— sabela estévez (@SabelaEstevezz) April 19, 2020
En mi opinión, rosas y naranjas son las mejores casillas del juego. Y te lo dice alguien con más de 120 partidas a ese juego JAJAJAJAJJAAJ
— Pabel_lome_515 (@515Lome) April 19, 2020
si quieres imprimirlo te lo paso todo
— sabela estévez (@SabelaEstevezz) April 20, 2020
genial,un gran modo de dar a conocer nuestra ciudad...ahora a ver cuando podemos recorrerla
— vicenterey1971 (@vicenterey1971) April 21, 2020