Unha delegación canaria coñeceu este venres en Sanxenxo o modelo de contedores que se implantaron nesta localidade pontevedresa hai un ano e que son pioneiros en España na recollida selectiva de residuos. Foron o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza e o responsable da firma de contedores Molok en Canarias, Domingo Muñoz, os encargados de explicar o seu funcionamento aos representantes dos municipios de San Miguel de Abona, Arico, El Paso, Güímar, Breña Alta y Los Llanos de Aridane.
Sanxenxo dispón de cinco illas de contedores semienterrados; en dous delas con 'sistema domino' que ocupa menos superficie, sen restar capacidade, polo seu formato cadrado. O Concello implantou este modelo "nunha clara aposta pola innovación e a mellora na xestión de residuos con recollida de ata cinco fracciones e a posibilidade de incrementalas".
O edil sanxenxino explicou que teñen "fácil instalación e escaso mantemento" e que estes contedores altérnanse cos de formato verde "tamén con moi bo rendemento". Ademais "facilitan a reciclaxe e o tratamento de residuos o que está a permitir obter moi bos resultados".
Desde a empresa destacábase que o interese que xera este sistema en municipios turísticos pola mellora da imaxe estética e pola hixiene que supoñen xa que "ao ser contedores semisoterrados, as tres cuartas partes do contedor está enterrado e mantén os residuos a baixa temperatura polo que se “minimizan nun alto grao os cheiros”.