O Concello de Moraña anunciou que a partir da próxima semana, coincidindo co final do mes de xuño e o inicio de xullo e por tanto coa entrada no período de máxima rega de incendios, activará o seu operativo municipal de prevención e extinción.
En concreto poñeranse en marcha os equipos habituais, conformados por unha brigada e outros traballadores destinados a tarefas de roza e limpeza.
Segundo informa o goberno local xa finalizou o proceso de selección da brigada, que estará integrada por cinco persoas cun capataz, un condutor e tres peóns forestais.
A previsión é manter o servizo durante o próximos tres meses, ata o final de setembro.
Ademais tamén dispoñerán de dous traballadores, financiados co programa Aprol Rural do executivo galego, que se dedicará a traballos de roza de espazos forestais e que complementará a labor da brigada. E mediante o plan de empregabilidade do Risga, van contratar a outras dúas persoas para tarefas de limpeza.
Segundo a alcaldesa, Luisa Piñeiro, Moraña vai chegar ao período de máximo risco de incendios forestais "cos deberes feitos e a brigada activa, pero nesta loita a clave está na responsabilidade e colaboración de todos", sinalou a rexedora.