Unha avogada, un médico e un funcionario de prisións, aposta de Moreira para "rexenerar" o PP local

Pontevedra
26 de xuño 2014

Tres persoas que se estrean na política. Son os primeiros nomes que se coñecen da candidatura coa que Jacobo Moreira presentarase ao congreso local do Partido Popular de Pontevedra. Trátase da avogada María José Rois, o médico Rafael Domínguez e o funcionario de prisións Jose Luis Martín. Con eles busca "garantir a continuidade do proceso de rexeneración xeracional da organización"

Jacobo Moreira, voceiro municipal do PP en Pontevedra no seu despacho
Jacobo Moreira, voceiro municipal do PP en Pontevedra no seu despacho /

Tres persoas que se estrean na política. Son os primeiros nomes que se coñecen da candidatura coa que Jacobo Moreira presentarase ao congreso local do Partido Popular de Pontevedra. Trátase da avogada María José Rois, o médico Rafael Domínguez e o funcionario de prisións Jose Luis Martín. Con eles busca "garantir a continuidade do proceso de rexeneración xeracional da organización".

Segundo sinala o propio Moreira, a avogada María José Rois Méndez, de 45 anos, exerce dende hai 17 no seu propio bufete na cidade; o director médico do Grupo Hospitales Miguel Domínguez, Rafael Domínguez Artime, de 38 anos, é especialista-xefe en Medicina Interna; e o funcionario de Institucións Penitenciarias José Luis Martín González, ten 42 anos.

Nos vindeiros días iranse coñecendo o resto dos nomes da súa candidatura, que fará oficial previsiblemente poucos días antes da cita congresual, fixada para o próximo 12 de xullo e que se desenvolverá no salón principal do Hotel Galicia Palace.

Esta candidatura, segundo o actual portavoz do grupo municipal, busca atender a varias premisas como as de contar con representantes específicos da maioría das parroquias e áreas urbanas do municipio, sumar a algunhas persoas con experiencia no Concello e incluír varios profesionais novos en política, como os tres que desvelou este xoves.

Ademais de avanzar no seu programa, do que as liñas xerais xa as deu a coñecer publicamente a pasada semana, o candidato a presidente local está a traballar na recompilación dos avais necesarios para a súa presentación.