Unha animada festa de disfraces pon o broche de ouro ao Entroido de Sanxenxo

Sanxenxo
07 de marzo 2022

Tras unha semana de festa, iso si aínda comedida pola pandemia, Sanxenxo puxo o broche ao seu Entroido cunha festa de disfraces que se celebrou na Praza dos Barcos, que se converteu nunha pista de baile onde non faltou a música nin tampouco os obradoiros infantís

Festa de disfraces na Praza dos Barcos de Sanxenxo
Festa de disfraces na Praza dos Barcos de Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

Tras unha semana de festa, iso si aínda comedida pola pandemia, Sanxenxo puxo o broche ao seu Entroido cunha festa de disfraces que se celebrou na Praza dos Barcos.

O goberno municipal tiña previsto inicialmente organizar un concurso de parodias pero, ante a escasa participación que se prevía, optou por cambiala por esta festa.

Durante máis de dúas horas, a Praza dos Barcos converteuse nunha pista de baile onde non faltou a música nin tampouco os obradoiros infantís ou postos de doces.