Unha andaina popular percorrerá o monte Xiabre o 26 de maio

Umia
15 de maio 2024

A actividade terá dificultade media e unha duración de tres horas, nas que as persoas participantes poderán coñecer o patrimonio cultural e natural do Xiabre. Hai 200 prazas dispoñibles e as inscricións estarán abertas ata as dúas da tarde do venres 24 de maio

Vista de Vilagarcía desde o monte Xiabre
Vista de Vilagarcía desde o monte Xiabre / Mancomunidade do Salnés

O domingo 26 de maio unha andaina popular percorrerá o monte Xiabre cun percorrido de 14 quilómetros en formato circular. Partirá da parroquia de Saiar, dende o centro socio-cultural As Goletas.

A actividade terá dificultade media e unha duración de tres horas, nas que as persoas participantes poderán coñecer o patrimonio cultural e natural do Xiabre. 

Hai 200 prazas dispoñibles e as inscricións estarán abertas ata as dúas da tarde do venres 24 de maio. A reserva de prazas pode facerse no enderezo electrónico inscripcionesnaturgaliz@gmail.com.

A actividade está dirixida por unha empresa especializada en sendeirismo. Está organizada polo Concello de Caldas de Reis, a través da concellería de Deportes, e será de balde, pero é preciso que as persoas participantes fagan o abono de tres euros para facer fronte ao seguro ante calquera incidencia.

Pódese solicitar máis información no teléfono 625 48 26 36.

O tenente de alcalde de Caldas, Manuel Fariña, fai unha chamada á participación da veciñanza de Caldas e de persoas doutros concellos. Destaca que o Xiabre é o miradoiro natural da comarca do Salnés, cun cumio que alcanza os 642 metros de altura, sendo o punto máis alto da comarca e apreciándose dende alí "marabillosas vistas de Caldas, Vilagarcía e a ría de Arousa"