As persoas inscritas en Marea Pontevedra apoiaron de forma unánime á extenente de alcalde en Pontevedra Teresa Casal como número dous da lista da agrupación para as eleccións municipais de 2019.
Segundo deu a coñecer Marea, a candidatura foi ratificada con 73 votos a favor e sen ningún voto en contra, de maneira que a ex concelleira socialista incorpórase oficialmente ao equipo que loitará por chegar á Alcaldía nos próximos comicios.
Con esta votación, as primarias de Marea Pontevedra chegan á súa fin e, unha rematado o proceso, a Coordinadora Xeral valorou moi positivamente o proceso democrático de confección da lista, que comezou hai 10 meses.
Ademais, amosan o seu orgullo pola exemplaridade do proceso e pola alta participación, pois nas tres votacións realizadas (unha para o número 1, outra para os postos 3-10 e a última para designar o número dous) participou case o 50% do censo actual de Marea.
Marea Pontevedra xa ten definido o núcleo central da lista para as municipais de 2019, ao contar xa con candidatos ata o posto número 10. Os postos restantes da lista serán escollidos pola asemblea de Marea Pontevedra.
A lista será a seguinte:
Luís Rei Núñez. Portavoz de Marea Pontevedra. Xornalista e escritor.
Teresa Casal García. Avogada, foi secretaria do centro da UNED en Pontevedra e tenente de alcalde (2003-2011).
Manuel Fontán Bouzas. Enxeñeiro forestal. Foi concelleiro de mocidade e deporte no concello.
Carmen González Novoa ‘Peque’. Ensinante. Coordinadora de MP.
Jaime Acuña Torres. Politólogo. Activista dos Praceres.
Herminia Dios Poceiro. Psicóloga.
Guillermo Casalderrey Rivas. Arquitecto. Participante do 15M.
Alicia Fernández Moldes. Auxiliar socio-sanitaria e veciña de Monte Porreiro.
José Luís Vidal Laiño. Xubilado. Primeiro presidente da federación de AA.VV. Castelao.
María Luísa Lores Aguín ‘Mariquiña’. Radiologa. Activista de SOS Sanidade Pública.