Un xoguete por San Valentín

Pontevedra
14 de febreiro 2013

O perfume, a caixa de bombóns ou o ramo de rosas atoparon un duro rival por San Valentín: os xoguetes eróticos. A comodidade e a liberdade de Internet son un plus para desinhibirse na elección dos agasallos máis atrevidos

Lencería
Lencería / PontevedraViva

O perfume, a caixa de bombóns ou o ramo de rosas atoparon un duro rival por San Valentín: os xoguetes eróticos. A comodidade e a liberdade de Internet son un plus para desinhibirse na elección dos agasallos máis atrevidos.

Desde a web vente-privee.com explícannos que en xeral, os usuarios máis activos son mulleres (64%), pero entre mediados de xaneiro e febreiro, hai unha tendencia oposta. O tráfico e os pedidos feitos por homes aumentan nas vendas adicadas a mulleres, realizando un gasto medio de 50 euros.

"Internet permite gozar da experiencia de compra con total liberdade e sen temor a ser xulgados polos seus gustos", sinalan. Os produtos máis populares son os culottes e as braguiñas brasileiras con estampados ou cores básicas coma o negro, branco ou crema.

Por outra banda, a responsable de comunicación da firma pontevedresa 'Mi Mundo Sexy', tamén adicada aos artigos eróticos, Elisabetta Ruíz, explica que "ao contrario do que se podería pensar, a maioría das compras fanse en parella. Xeralmente a muller é a que elixe e o home o que realiza o pedido".

Fustas, látigos e outros produtos enfocados á submisión están de moda

En canto ás idades, sinala que "o máis habitual é recibir pedidos de clientes de entre 30 e 50 anos" procedentes de toda España. Sinala "que o número de clientes galegos aumentou co servizo de venda privada".

Fustas, látigos e outros produtos enfocados á submisión están de moda grazas ao éxito da novela 50 Sombras de Grey e para aqueles que aínda non se leron a trilogía "preparamos kits que inclúen os libros e varios xoguetes eróticos".