Un verán con máis visitas que nunca na Oficina de Turismo de Soutomaior

Soutomaior
04 de outubro 2024

O Goberno de Soutomaior informou dos datos de atención ao público na súa Oficina de Turismo, conseguindo a cifra máis alta desde que existen rexistros

Peregrinos na oficina de Turismo de Soutomaior
Peregrinos na oficina de Turismo de Soutomaior / Concello de Soutomaior

O Goberno de Soutomaior informou dos datos de atención ao público na súa Oficina de Turismo, conseguindo a cifra máis alta desde que existen rexistros.

En concreto, entre os meses de xuño e setembro rexistráronse máis de 16.000 atencións a visitantes.

Esta cifra supón un incremento do 300% con respecto a 2023, con case 4.000 persoas máis.

Unha evolución que segundo a concelleira de Turismo, Silvia Cernadas, "referenda o traballo realizado polo Goberno de Soutomaior desde o comezo do mandato á hora de potenciar o atractivo turístico do noso concello".

Entre as medidas adoptadas destacan o traslado da Oficina de Turismo desde o Peirao de Arcade ata o barrio da feira, en pleno Camiño de Santiago, ou a entrada de Soutomaior na Rede de Oficinas de Turismo ‘Info Ríasbaixas’, así como a consecución dunha subvención de 7.000 euris para a contratación de persoal.

"Os datos de atención ao público na Oficina de Turismo confirman que o noso concello estase a converter cada vez máis nun destino de referencia para as persoas que non son de aquí", destacou pola súa banda o alcalde de Soutomaior, Manu Lorenzo.