Un vehículo envorcaba tras sufrir unha colisión con outros dous turismos á altura da peaxe da Autoestrada AP-9 no concello de Vilaboa arredor das sete da tarde do luns 5 de novembro.
Un particular, tras ver o accidente, alertaba ao servizo de emerxencias 112 sen chegar a precisar se podía haber algún ferido de gravidade dentro no interior dos vehículos. Non foi necesaria a excarceración do condutor e ata a zona desprazouse unha ambulancia medicalizada e unha dotación da Garda Civil de Tráfico.