Un veciño de Noalla falece ao caer á auga mentres pescaba nunha zona de rochas da praia de Lapa

Sanxenxo
27 de abril 2021

Unha persoa alertou a unha patrulla da Garda Civil que circulaba pola zona da Lanzada de que vira como un pescador caía á auga e, a pesar de que un dos axentes tirouse á auga, nada se puido facer xa polo home, que falecera. Ocorreu sobre as 16.43 horas nunha zona próxima á capela da Lanzada

Rescate dun pescador falecido na praia de Lapa
Rescate dun pescador falecido na praia de Lapa / Servizo de Emerxencias de Sanxenxo

Un veciño de Noalla de 55 anos faleceu na tarde deste martes ao caer á auga mentres pescaba nunha zona de rocas entre as praias de Lapa e Espiñeiro, nas proximidades da capela da Lanzada.

Segundo a información facilitada polo Concello de Sanxenxo, os servizos de emerxencias recibiron o aviso ás 16.43 horas e, a pesar de que se mobilizou un operativo de rescate, tan só puideron sacar da auga o corpo sen vida do pescador.

Desde o Concello de Sanxenxo apuntan que foi unha dotación da Garda Civil a que rescatou o corpo sen vida da pescador da auga. Unha persoa alertou a unha patrulla que circulaba pola zona da Lanzada sobre as 16.3p horas porque vira como un pescador caía á auga e, a pesar de que deron a alerta e un dos axentes se tirou á auga de forma inmediata, nada se puido facer xa polo pescador, que falecera,

O Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112 informa de que mobilizou para o rescate a efectivos sanitarios e tamén a Salvamento Marítimo, os Gardacostas de Galicia, o servizo de Emerxencias de Sanxenxo, a Garda Civil e a Policía Local.