Un veciño de 46 anos, detido cando vendía papelinas de droga preto do Vao de Arriba

Poio
25 de agosto 2021

Agentes de la Policía Local de Poio atoparon o detido vendendo "in fraganti" doses de cocaína a outra persoa nas proximidades da Caeira. Trátase dunha persoa reincidente que se move nun ciclomotor para realizar con máis discreción a repartición de droga entre consumidores da zona

Axentes da Policía Local de Poio na contorna do Vao de Arriba
Axentes da Policía Local de Poio na contorna do Vao de Arriba / Policía Local de Poio

Axentes da Policía Local de Poio detiñan na mañá deste martes a un home, veciño de Poio, de 46 anos de idade, que era sorprendido "in fraganti" durante a venda de dúas  papelinas de droga en plena rúa, nas proximidades do Vao de Arriba.

Segundo informan desde a Policía Local, un axente que, neses momentos, atopábase libre de servizo comprobou como o detido vendía ás 09.40 horas dúas dose de cocaína a outra persoa.

A substancia era incautada ao comprador que foi interceptado por unha patrulla da Policía Local de Poio na rúa Antelo e Mariño. A droga adquiríraa por unha cantidade de 100 euros. O comprador foi proposto para sanción pola tenencia de substancias prohibidas.

Pola súa banda, o detido era xa un coñecido dos axentes e contaba cun "modus operandi" determinado, concertaba cita telefónica cos clientes e trasladaba, a continuación, as doses ao momento acordado. Para transportarse utilizaba un ciclomotor para ofrecer unha maior discreción na repartición da droga.

O home xa conta con antecedentes, ao ser detido noutras ocasións por feitos delituosos similares. Este mércores pasaba ao dispor do Xulgado de Garda de Pontevedra. Segundo a Policía Local de Poio, desde hai un ano logrouse conter a venda de droga nas inmediacións dos poboados do Vao, cun incremento da seguridade nos accesos a esta zona.