Un turismo queda totalmente calcinado tras sufrir unha avaría e empezar a arder na AP-9

Barro
14 de agosto 2018

Segundo indicaron as testemuñas, a condutora atopábase fóra do turismo en bo estado de saúde, pero en gran estado de nerviosismo, de modo que, ademais de solicitar a intervención dos Bombeiros do Salnés, desde o 112 requiriuse a intervención do persoal sanitario e da Garda Civil de Tráfico  

Bombeiros apagando o lume no vehículo na AP-9
Bombeiros apagando o lume no vehículo na AP-9 / PontevedraViva

Un turismo quedou totalmente calcinado este martes na autoestrada AP-9 tras sufrir unha avaría mentres circulaba por este viario e empezar a arde. A pesar da intervención dos bombeiros, o vehículo quedou esnaquizado. 

A Garda Civil de Tráfico tivo constancia do suceso ás 12.25 horas deste martes no punto quilómetro 121,600 da autoestrada en dirección cara á Coruña e atribúeo a unha avaría no vehículo por causas que ata agora non foron aclaradas. 

Segundo informou o Centro de Atención de  Emerxencias de Galicia 112, varios particulares alertaban da presenza do coche ardendo á altura de Portela, no termo municipal de Barro. O punto do suceso foi xusto antes da saída da autoestrada cara á autovía do Salnés

Segundo indicaron as testemuñas, a condutora atopábase fóra do turismo en bo estado de saúde, pero en gran estado de nerviosismo, de modo que, ademais de solicitar a intervención dos Bombeiros do Salnés, desde o 112 requiriuse a intervención do persoal sanitario e da Garda Civil de Tráfico.

Unha ambulancia das 061-Urxencias Sanitarias desprazouse ata o punto indicado.