Un tractor destrúe un petróglifo do parque rupestre de Campo Lameiro

Umia
14 de xaneiro 2015

Un tractor que estaba desbrozando a zona pasou por enriba do petróglifo danando a rocha coas cadeas metálicas, con multitude de estalidos que levantou o granito e borrou parcialmente a espiral prehistórica

Petroglifo de Campo Lameiro
Petroglifo de Campo Lameiro

Un tractor que realizaba tarefas de roza no parque rupestre de Campo Lameiro pasou por enriba dun dos petróglifos danando a rocha coas cadeas metálicas, provocando multitude de estalidos que levantou o granito e borraron parcialmente a espiral prehistórica.

Segundo informa o xornalista Víctor Honorato en páxinas do diario El Pais, o máximo responsable da empresa concesionaria do parque, Espiral Xestión, Jorge Sayáns, alegou "de entrada descoñecer o caso e acaba indicando que a zona na que se encontra o petróglifo en cuestión non está exposta ao público". Sayáns declarou que "moitos" dos gravados non están catalogados, unha tarefa que lle corresponde á Xunta.

O Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro é o maior conxunto desas características que se conserva en Galicia, e está catalogado pola Xunta como Ben de Interese Cultural (BIC). Os labores de roza deben acometerse con coidado e é preciso balizar as rochas para evitar accidentes.

Segundo explicou a Consellería de Cultura a El País, "con respecto ás instalacións, as rozas de mantemento realízanse manual ou mecanicamente dependendo das áreas. Todos os petróglifos están correctamente situados e as zonas que se poden mecanizar están delimitadas para evitar afeccións aos gravados".

Arquivado en